📚 A aula de estudo da Biblioteca Municipal reabre mañá as súas portas tras unha renovación integral que transformou completamente este espazo.
💡 Novo mobiliario, mellora acústica, iluminación adaptada ao estudo e conexión directa á electricidade e internet en todos os postos para crear unha aula máis cómoda, moderna e funcional.
🪑 O espazo conta agora con 36 postos distribuídos en 6 mesas de estudo e manterá o seu horario habitual: 🕗 de luns a venres, de 8:00 a 21:00 horas, cun servizo continuado.
🏛️ A actuación forma parte da remodelación integral do primeiro andar da biblioteca impulsada desde a Alcaldía e que permitiu tamén habilitar a nova aula Agustín Fernández Paz, un espazo divulgativo que acollerá parte dos fondos bibliográficos doados polo escritor vilalbés ao pobo de Vilalba.
❤️ Seguimos mellorando as infraestruturas municipais e creando espazos públicos máis modernos, útiles e adaptados ás necesidades actuais da veciñanza.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #educacion #biblioteca #aulaestudo