✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de desbroce: CEIP Terra Chá, CEIP Mato Vizoso, contorna e interior do estadio da Madalena, cunetas da estrada de acceso á rotonda da Grandisca, accesos á depuradora do polígono industrial, etc.
👉 Traballos varios de mantemento e xardinaría na contorna da casa dos Mestres (Quart de Poblet) e avenida Terra Chá.
👉 Sinalización para posibilitar traballos de electrificación e/ou pintado nas rúas da Emigración, Alcalde Fraga Bello, Ribadeo e Benxamín Paz.
👉 Arranxos varios de arquetas, sinais, rexistros e bolardos en distintas localizacións.
👉 Traballos de mantemento no paseo fluvial.
👉 Segado de herba e acondicionamento do parque de Guagalupe, contorna da depuradora dos Pasos e parque de Rosalía de Castro.
👉 Traballos de poda de vexetación invasiva.
👉 Traballos de traslado, montaxe e retirada dos elementos necesarios para a celebración do Día das Letras Galegas.
👉 Traslado e colocación de canastas de baloncesto no CEIP Basanta Silva.
👉 Reposición de luminarias, resolución de avarías e montaxes eléctricos na rede eléctrica municipal.
👉 Atención diaria ás cuestións comunicadas a través da App Línea Verde.
Grazas!