Noticias e alertas

🎼 Vilalba converterase esta fin de semana no epicentro da música clásica e do jazz de Galicia e do norte de Portugal co...

20/05/2026

🎼 Vilalba converterase esta fin de semana no epicentro da música clásica e do jazz de Galicia e do norte de Portugal coa celebración da IX Mostra Musical do Eixo Atlántico.
🌍 Un evento internacional que reunirá na nosa vila a mozos e mozas intérpretes procedentes dos municipios membros do Eixo Atlántico e que traerá durante toda a fin de semana música, actividade e centos de visitantes a Vilalba.
🔝 A alcaldesa, Marta Rouco, destacou “a importancia de que Vilalba acolla un encontro destas características, que sitúa á nosa vila como referente musical e cultural durante toda unha fin de semana”.
🎶 Ademais das probas musicais do certame, a programación contará con diferentes actividades abertas ao público:
📅 VENRES 22
🎤 Concerto de A Quenlla
🕣 20:30 horas📍 Praza da Constitución (en caso de choiva, no Auditorio Municipal)
📅 SÁBADO 23
🎺 Concerto da Banda de Música de Vilalba
🕣 20:30 horas 📍 Praza da Constitución (en caso de choiva, no Auditorio Municipal)
📅 DOMINGO 24
🏆 Gala de clausura e entrega de premios
🕓 16:00 horas📍 Auditorio Municipal
🎼 A clausura contará coa actuación musical de Xeosmina, a homenaxe ao músico portugués António Saiote e a entrega de premios da Mostra Musical.
❤️ Unha fin de semana para desfrutar da música e seguir facendo de Vilalba unha vila viva e dinámica.
#alcaldia #mostramusical #eixoatlántico #jazz #músicaclásica

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies