Noticias y alertas

🎼 Os concertos didácticos da ESMUVI deron esta mañá o pistoletazo de saída á programación da IX Mostra Musical do @eixo...

21/05/2026

🎼 Os concertos didácticos da ESMUVI deron esta mañá o pistoletazo de saída á programación da IX Mostra Musical do @eixo_atlantico
🎶 Ao longo da xornada, máis de 940 escolares dos centros educativos de Vilalba e Xermade pasaron polo Auditorio Municipal para desfrutar desta actividade musical e educativa organizada arredor da Mostra Musical.
👏🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Educación, Paula Vigo, achegáronse esta mañá ata o Auditorio Municipal para compartir cos nenos e nenas unha xornada na que a música foi a gran protagonista.
❤️ Vilalba vivirá unha fin de semana moi especial arredor da música clásica e do jazz coa celebración dun evento internacional que converterá a nosa vila nun referente cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
#alcaldia #educación #mostramusical #eixoatlántico #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies