🚧 Debido a unha avaría na rede, o subministro de auga permanece temporalmente cortado nos números pares da rúa Cidade de Viveiro, desde a rúa Domingo Goas ata o final das beirarrúas.
⚙️ A empresa responsable da xestión da rede municipal está xa traballando na reparación da incidencia e prevese que o subministro quede restablecido ao longo do mediodía.
💧O Concello é plenamente consciente das deficiencias que presenta esta rede de abastecemento, unha situación que provoca incidencias recorrentes nesta zona. Nesa liña, continúase traballando e estudando posibles vías de colaboración con outras administracións para poder afrontar unha renovación integral da rede, unha actuación de gran envergadura que resulta inasumible exclusivamente con recursos municipais.
🙏 Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a comprensión da veciñanza mentres se desenvolven os traballos necesarios para resolver a avaría coa maior rapidez posible.