Noticias e alertas

🏛️ O pleno ordinario do Concello celebrarase este xoves, 28 de maio, ás 18:00 horas no salón de plenos da Casa do Conce...

26/05/2026

🏛️ O pleno ordinario do Concello celebrarase este xoves, 28 de maio, ás 18:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
👨‍👩‍👧 Entre os principais asuntos da sesión destaca a aprobación do regulamento do novo servizo municipal “Concilia na tarde”, paso necesario para a súa posta en marcha nos centros educativos da vila.
📍 Un novo recurso de conciliación dirixido ás familias con nenos e nenas escolarizados nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do casco urbano e aberto á futura incorporación doutros centros.
✅ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “este servizo responde a unha necesidade cada vez máis presente en moitas familias do municipio e permitirá seguir ampliando os recursos públicos destinados á conciliación”.
➡️ O pleno abordará tamén:
▪️ A solicitude de cambio da denominación da rúa Valeriano Valdesuso por rúa Antón Peña Novo.
▪️ A proposta de reforzo de firme, mellora da drenaxe e sinalización en diferentes viais municipais.
▪️ A actualización da regulación dos prezos públicos vinculados ás actividades culturais e ao uso das instalacións do Auditorio Municipal.
#alcaldia #pleno #conciliación #familias #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies