Noticias e alertas

🚜 O Concello continúa avanzando na mellora das pistas rurais coa colaboración dos dous equipos do parque móbil da Deput...

26/05/2026

🚜 O Concello continúa avanzando na mellora das pistas rurais coa colaboración dos dous equipos do parque móbil da Deputación de Lugo.
📍 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron hoxe en Candaido, na parroquia de San Simón da Costa, comprobando o avance das actuacións que se están levando a cabo nos barrios da Ribeira, Pude e Candaido.
➡️ Na Ribeira continúan os traballos de apertura e limpeza de cunetas e xa se executou tamén o rebacheo do firme.
➡️ En Pude comezou a rexeneración da pista mediante parcheo.
➡️ E en Candaido estase levando a cabo o rebacheo da pista que conecta San Simón coa parroquia de Corvelle, actuando sobre aproximadamente 400 metros nos puntos máis deteriorados do vial.
🤝🏼 Unhas actuacións que permiten mellorar progresivamente a mobilidade e o estado das pistas municipais do rural grazas á colaboración entre o Concello e a Deputación de Lugo.
#alcaldia #parroquias #pistas #rural #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies