Noticias e alertas

🏭 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a venda das parcelas N°2 e 3 de uso industrial que o Concello posúe no Polí...

30/05/2026

🏭 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a venda das parcelas N°2 e 3 de uso industrial que o Concello posúe no Polígono Empresarial de Sete Pontes.
✅️🤝 Acompañado pola responsable da empresa adxudicataria ESDICAR TECNOGLOBAL, Estefanía Díaz Carballeira, Renda puxo en valor que 'logo de anos sen oferta de solo industrial no Polígono de Vilalba, o Concello poña a producir máis de 2.000 m2 en beneficio dunha empresas local'.
🔐 Así,o Vicealcalde destacou moi especialmente que a decidida aposta do Concello de 'blindar as bases do concurso fronte a calquera tentativa de especulación', fixera posible que unha 'vilalbesa emprendedora de 31 anos e que vén de poñerse á fronte dunha empresa de nova creación, resultara adxudicataria do último proceso de poxa.
🗣👏 Na presentación, a responsable da empresa Estefanía Díaz manifestou a súa ilusión pola etapa que comeza e explicou que a actividade que se vai implantar será de compra e venda de maquinaria de construcción de obra civil, así como reparación da mesma.
🚧 A actuación que se contempla nas parcelas é a dunha edificación de 1.000€ o que implicará unha agrupación das mesmas e a nave contará con sala de exposición, taller, almacén de repostos, oficinas e un aseo/vestiario para os operarios.
#DesenvolvementoIndustrial #Vicealcaldía #Vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies