📌 XIII Xornadas sobre Alcoholismo en Vilalba
👉 A Asociación de Alcohólicos Axúdate de Vilalba organiza hoxe e mañá na Casa da Cultura as ‘XIII Xornadas sobre Alcoholismo’, coa colaboración do concello.
A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo aistiron hoxe á primeixa xornada, na que houbo unha charla sobre ‘Fígado graso e consumo de alcohol’ a cargo da nutricionista Almudena Seijido, e outra sobre ‘Consumo de alcohol sobre a violencia de xénero’, con David Rodríguez, tenente da Garda Civil de Vilalba.
👍 Na inauguración das xornadas, Marta Rouco destacou “o traballo diario que fai a Asociación de Alcohólicos Axúdate e a valentía das persoas que teñen este problema e deciden pedir axuda”.
As xornadas continuarán mañá con outras ponencias do médico Ignacio Novo Veleiro e o psicólogo Alejandro Neira de Paz.