Noticias y alertas

🎶 Vilalba converterase este venres nun gran punto de encontro da música e da cultura galega coa celebración da décima e...

02/06/2026

🎶 Vilalba converterase este venres nun gran punto de encontro da música e da cultura galega coa celebración da décima edición de *No bico un cantar*.
👤 A alcaldesa, Marta Rouco, participou na presentación oficial deste encontro impulsado polo Consello da Cultura Galega que reunirá na nosa vila a máis de 400 nenos e nenas chegados de conservatorios profesionais de toda Galicia, xunto co alumnado da Escola de Música de Vilalba, do Conservatorio Profesional de Vilalba e doutros centros da contorna.
🤝🏼 Unha cita que une música, lingua, literatura e identidade arredor da Terra Chá e dos autores e autoras que forman parte da nosa historia cultural.
📍 Venres 5 de xuño
🕠 17:30 horas
📌 Escalinata do Auditorio Municipal á Praza de Santa María
☔ En caso de choiva: Auditorio Municipal
👏🏼 Vilalba volverá ser escenario dun encontro único no que centos de voces novas encherán a nosa vila de música e cultura. Agardámosvos!
#alcaldia #nobicouncantar #consellodaculturagalega #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies