🎶 Vilalba viviu hoxe unha desas tardes que deixan pegada.
👏🏼 Máis de 400 nenos e nenas encheron a nosa vila de música nun encontro único no que a Terra Chá, os seus poetas e escritores e a nosa identidade cultural foron os grandes protagonistas.
🎤 Ver centos de voces novas cantando inspiradas na nosa terra foi unha desas imaxes que falan por si soas e que fan sentir orgullo da vila que somos.
📌 A gran acollida desta décima edición de No bico un cantar demostra tamén que Vilalba responde cando se lle ofrecen propostas de calidade.
🔜 Seguimos traballando para consolidar unha programación ampla, diversa e aberta, que dinamice a vila e que siga facendo de Vilalba un lugar vivo.
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible! ❤️
#alcaldia #concerto #nobicouncantar #consellocultura #concellodevilalba