Noticias y alertas

➕️ #Cultura | #Iribarne volve a #Vilalba para a súa xira de despedida o vindeiro sábado 20 de xuño no Auditorio Municipa...

07/06/2026

➕️ #Cultura | #Iribarne volve a #Vilalba para a súa xira de despedida o vindeiro sábado 20 de xuño no Auditorio Municipal 🤗👏👏
ℹ️ O espectáculo revisa a figura do político galego dende unha perspectiva humorística, nun intento irreverente por comprender como chegamos ata aquí camiñando da man dun deses personaxes secundarios, pero incriblemente imprescindibles da nosa historia.
ℹ️A montaxe, coproducida polo Centro Dramático Nacional e a MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, está formulada en tres episodios, que reflicten a evolución política do noso país, dende o franquismo, a transición e a democracia, para culminar co período de hexemonía de Fraga en Galicia.
ℹ️ A posta en escena de IRIBARNE ofrece, con ritmo frenético, un xogo coral no que todo o elenco - integrado por Xurxo Cortázar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, Mónica García, Anxo Outumuro e Lidia Veiga- se vai dando o relevo para interpretar ao protagonista.
🎟 Merca a túa entradas en entradasvilalba.es, na Casa da Cultura ou o día na billeteira do Auditorio.
#ConcelleríaDeCultura #Vicealcaldía

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies