Noticias e alertas

💧 O Concello vén de aprobar a execución das obras para renovar a rede de abastecemento da rúa Cidade de Viveiro, unha a...

08/06/2026

💧 O Concello vén de aprobar a execución das obras para renovar a rede de abastecemento da rúa Cidade de Viveiro, unha actuación prioritaria para dar unha solución estrutural ás continuas avarías rexistradas nos últimos anos.
ℹ️ A intervención centrarase nunha primeira fase na substitución integral da tubaxe mediante unha nova rede de PVC e a instalación de novas válvulas que permitirán modernizar completamente o sistema de abastecemento.
➡️ A infraestrutura actual ten unha antigüidade estimada de arredor de 50 anos e presenta un avanzado estado de deterioro, con incidencias recorrentes desde o ano 2013 que evidencian a necesidade dunha actuación de fondo.
✅ Seguimos traballando para dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas e mellorar os servizos públicos.
#alcaldia #servizosmunicipais #abastecemento #auga #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies