🗣️ Hoxe celebramos a segunda convocatoria do curso 2025-2026 do Consello Local da Infancia e da Adolescencia, un espazo pensado para escoitar, compartir e dar voz aos nenos, nenas e mozos e mozas da nosa vila.
👀 Nesta ocasión, a sesión xirou arredor da inclusión das persoas con diversidade funcional e tamén da proposta de ideas e actividades para seguir desfrutando do verán en Vilalba.
🤝🏼 Porque construír unha vila mellor tamén pasa por contar coa mirada de quen a vive desde outras perspectivas e por incorporar as súas propostas ás decisións que afectan ao día a día.
❤️ Grazas a todos os rapaces e rapazas participantes por implicarse, compartir reflexións e seguir facendo deste Consello un espazo de participación cada vez máis vivo.
#alcaldia #infancia #adolescencia #consellolocal #concellodevilalba