✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de xardinaría en diferentes localizacións: praza da Constitución, muíño do Rañego, paseo fluvial, estadio da Madalena, as Fontiñas, etc.
👉 Acondicionamento da zona de baño da praia fluvial da Madalena.
👉 Acondicionamento dos lugares de xogo e de práctica deportiva da área recreativa da Madalena.
👉 Arranxos varios de sinais, arquetas, pluviais, bancos, tabiques e outro mobiliario urbano.
👉 Instalación de expositores na praza de Santa María para a celebración de Vintalba.
👉 Recollida de cabaletes e taboleiros para as mesas do campo da festa de Mourence.
👉 Tarefas de roza dos campos da festa de Goiriz e de Codesido.
👉 Traballos de mantemento na rede eléctrica e de alumeado municipal.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!