Noticias e alertas

🌕 Vaga de calor 👉 Nos próximos días, segundo as previsións de Meteogalicia, chega unha vaga de calor que traerá temper...

18/06/2026

🌕 Vaga de calor
👉 Nos próximos días, segundo as previsións de Meteogalicia, chega unha vaga de calor que traerá temperaturas moi elevadas.
👀 Se non tomamos as medidas oportunas, estas temperaturas poden provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e calambres musculares, deshidratación e golpe de calor.
👉 Deben ter especial coidado as persoas maiores de 65 anos e os nenos e nenas menores de 4 anos, sobre todo os menores dun ano, así como as persoas con enfermidades graves.
Debemos ter tamén en especial vixiancia ás persoas que viven soas.
📌 As principais recomendacións sanitarias para previr os golpes de calor son:
💧 Beber máis líquidos sen esperar a ter sede, sobre todo auga.
Evitar comidas copiosas; é mellor comer menos cantidade e máis veces ao día.
👚 Usar roupa lixeira, sombrero, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco.
Permanecer nas horas centrais do día en espazos ventilados ou nas habitacións máis frescas da vivenda.
Baixar as persianas e pechar as fiestras e portas exteriores mentras a temperatura exterior sexa moi alta.
Evitade as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reduza a actividade física. Cando estacionedes o coche, non deixar no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas.
📱No caso de que teña que asistir a alguén que padeza esgotamento ou un golpe de calor, o primeiro é solicitar axuda médica urxente chamando ao 061.
Grazas pola vosa colaboración!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies