Noticias y alertas

🎉 Comeza a conta atrás para as nosas festas de San Ramón e Santa María! 👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de...

19/06/2026

🎉 Comeza a conta atrás para as nosas festas de San Ramón e Santa María!
👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González, presentaron hoxe o groso da programación musical das festas de 𝗦𝗮𝗻 𝗥𝗮𝗺𝗼́𝗻 𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶́𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟲, unha edición na que seguimos apostando por unhas patronais vivas, pensadas para desfrutar da rúa, compartir e facer vila.
🆕 Este ano incorporamos ademais un 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝘁𝗼 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼, cunha sesión vermú máis longa na Praza da Constitución e todas as verbenas no Campo da Feira, buscando mellorar a loxística e facer compatible o mellor ambiente co desenvolvemento das actuacións.
📌 Levamos meses traballando nesta programación para construír unhas festas variadas, abertas a diferentes gustos e idades e que sigan sendo un punto de encontro para veciños, veciñas e todas as persoas que nos visitan nestas datas.
🔜 E isto aínda non remata aquí…moi pronto coñeceremos tamén o cartel oficial das festas e a persoa encargada do pregón nesta edición.
#alcaldia #cultura #sanramón2026 #santamaría2026 #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies