🚜 Seguimos avanzando na mellora das pistas municipais.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron onte no barrio da Ribeira, en San Simón da Costa, onde veñen de rematar os traballos de rexeneración do firme da pista que conecta esta parroquia con Samarugo.
🛣️ A actuación permitiu mellorar 3 quilómetros de vía mediante o rebacheo de amplas franxas que presentaban un importante estado de deterioro.
📍 Uns traballos executados polo parque móbil da Deputación de Lugo e que estiveron precedidos pola apertura e limpeza de cunetas.
Esta actuación súmase ás melloras realizadas recentemente na pista do barrio de Pude e de Candaido, e forma parte do traballo que seguimos desenvolvendo para actuar nas vías de maior necesidade e chegar ao maior número posible de parroquias.
➡️ A próxima parada da maquinaria será Sancovade, onde continuarán os traballos de mellora do firme.
#alcaldía #parquemóbil #pistas #rural #concellodevilalba