Noticias e alertas

🚨🌡️ ALERTA VERMELLA POR VAGA DE CALOR A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a 𝗮𝗹𝗲𝗿𝘁𝗮 𝘃𝗲𝗿𝗺𝗲𝗹�...

22/06/2026

🚨🌡️ ALERTA VERMELLA POR VAGA DE CALOR
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a 𝗮𝗹𝗲𝗿𝘁𝗮 𝘃𝗲𝗿𝗺𝗲𝗹𝗹𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝘃𝗮𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗲𝗻 𝗟𝘂𝗴𝗼 (𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗲 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗮𝗻̃𝗮). A situación está provocada pola entrada dunha masa de aire moi cálido que continuará afectando a Galicia nos próximos días e deixará temperaturas especialmente elevadas no interior.
➡️ Desde o Concello pedimos á veciñanza que extreme as precaucións e siga as recomendacións dos servizos de emerxencias:
☀️ Evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día
💧 Beber auga con frecuencia, sen esperar a ter sede
🏠 Ventilar vivendas a primeira e última hora e manter pechadas fiestras e persianas durante as horas de máis calor
🚶 Evitar actividades físicas e desprazamentos innecesarios ao exterior
👕 Empregar roupa fresca e lixeira
🍉 Priorizar comidas lixeiras e evitar bebidas alcohólicas ou con cafeína
⚠️ Presta especial atención ás persoas maiores, nenos e nenas e persoas con enfermidades crónicas.
📞 Ante síntomas compatibles cun golpe de calor ou calquera situación de dúbida, chama ao 𝟬𝟲𝟭.
#alcaldía #alerta #vermella #vagacalor #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies