Noticias y alertas

💚🐳 #Vilalba volve ser sede do Festival Atlántica! A Concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, o Viceal...

23/06/2026

💚🐳 #Vilalba volve ser sede do Festival Atlántica!
A Concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, o Vicealcalde, Modesto Renda, e a Edil de Cultura Mónica González presentaron xunto ós responsables da Asoc. de Veciños de Mourence a primeira das actividades programadas para esta edición 👏👏
Así, a Compañía "Fantoches Baj" creada por Inacio Vilariño "aterrizará" o vindeiro xoves 3 de Xullo ás 20:30h na Casa Escola da parroquia para facer as delicias dos seus veciños/as co seu afamado por innovador teatro de monicreques 🎭
‼️🌾 O RURAL COMO PROTAGONISTA 👇
ℹ️ As parroquia de #Mourence foi unha das duas elixidas para acoller un dos máis grandes eventos das artes escénicas e que se desenvolverá entre Galicia e Portugal, con arredor de 90 funcións de 45 propostas e artistas de varios países 🌎
✅️ Unha aposta da Área de Promoción da Lingua, cuya responsable, María Xosé Fernández salientou que "Estamos a falar dun dos poucos eventos das artes escénicas que programa ao longo de 7 días e en dous países diferentes" explicou Fernández.
🗣 Nesta mesma liña se pronunciou o Vicealcalde Modesto Renda, quen puxo en valor a importancia de que o Concello de Vilalba sexa sede dun evento destas características e en pé de igualdade coas cidades de Santiago de Compostela, Coruña, Vigo, Ourense ou Ferrol.
#MáisCultura #Vicealcaldía #PromociónDaLingua

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies