Noticias e alertas

⚫️ O Concello de Vilalba convoca este venres, 26 de xuño, ás 12:00 horas, un minuto de silencio ás portas da Casa do Con...

25/06/2026

⚫️ O Concello de Vilalba convoca este venres, 26 de xuño, ás 12:00 horas, un minuto de silencio ás portas da Casa do Concello polas vítimas dos terremotos rexistrados en Venezuela.
O Concello súmase así á convocatoria promovida pola FEGAMP para trasladar a solidariedade de Vilalba coas familias das persoas falecidas e desaparecidas, coas persoas feridas e con toda a poboación afectada por esta traxedia.
Galicia mantén unha fonda relación histórica con Venezuela, país que durante décadas acolleu a milleiros de galegos e galegas. Pero ademais, esta realidade tamén está presente hoxe en Vilalba, onde contamos cunha comunidade venezolana que forma parte activa da vida social, económica e humana do noso municipio.
Por iso, queremos facer chegar unha mensaxe de acompañamento e afecto a todas as persoas que están vivindo estes días con preocupación e dor polo sucedido.
Convidamos á veciñanza a participar neste xesto simbólico de respecto, apoio e lembranza.
#alcaldía #minutosilencio #venezuela #concellodevilalba.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies