🐕 A túa mascota é a túa responsabilidade
✅ É unha tarefa de todos vivir nun concello limpo e sostible.
👉 Lembrade que a Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano de Vilalba recolle que “a persoa que leva o animal está obrigada a recoller e retirar os excrementos e á limpeza da parte da vía pública afectada, polo que deberá levar obrigatoriamente unhas bolsas para a recollida e limpeza das feces e unha botella con produto desinfectante-desodorizante para minimizar os efectos das miccións dos cans”.
Ademais, os donos deberán procurar que os ouriños non se produzan sobre o mobiliario urbano, edificios e vehículos, tentando que se realicen xunto aos bordos das beirarrúas e o máis próximo posible aos sumidoiros ou a zonas que non sexan de xogo ou tránsito de peóns.
❗️O incumprimento desta ordenanza pode supoñer sancións.
Grazas pola vosa colaboración!