Noticias e alertas

🚜 As melloras nas pistas municipais continúan avanzando. A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visit...

28/06/2026

🚜 As melloras nas pistas municipais continúan avanzando.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron o pasado venres a parroquia de Sancovade, onde xa comezaron os traballos do parque móbil da Deputación de Lugo.
📍 A primeira actuación está a levarse a cabo na Tilleira, coa rexeneración integral dunha pista municipal que dá acceso a varias vivendas e que presentaba un notable estado de deterioro.
➡️ Esta semana deron comezo os traballos e continuarán durante a vindeira con novas actuacións noutras pistas da parroquia, actuando de forma progresiva nas vías que presentan unha maior necesidade.
✅ Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas do noso municipio, priorizando a accesibilidade e o día a día dos veciños e veciñas.
#alcaldia #parroquias #rural #sancovade #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies