Noticias y alertas

☀️ Preto dun cento de persoas participaron hoxe na charla divulgativa sobre o eclipse total de sol do 12 de agosto, unha...

30/06/2026

☀️ Preto dun cento de persoas participaron hoxe na charla divulgativa sobre o eclipse total de sol do 12 de agosto, unha xornada que espertou un grande interese entre a veciñanza.
🎤 A alcaldesa, Marta Rouco, e o xefe do Servizo de Medio Ambiente da @depulugo , Luis Reija, foron os encargados de abrir esta actividade, organizada dentro do programa “Provincia de Lugo, un lugar único para un momento inesquecible”.
🗣️ A charla foi impartida pola física e divulgadora científica María Fernández Alonso, integrante do equipo AllandeStars, que achegou aos asistentes as claves para comprender este fenómeno astronómico excepcional e observalo con total seguridade.
🕶️ Ademais, durante a xornada repartíronse gratuitamente gafas homologadas e material informativo para preparar esta cita histórica.
✨ Desde o Concello seguimos traballando para que Vilalba estea preparada para un dos acontecementos máis especiais que viviremos o vindeiro verán.
#alcaldía #eclipse #xornadadivulgativa #depulugo #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies