🅿️ O Concello reorganiza o estacionamento na rúa da Revolta para optimizar o espazo destinado a vehículos lixeiros.
👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, comprobaron o resultado dunha actuación que permitiu delimitar 80 prazas de aparcamento para turismos ao longo dos dous marxes desta vía, situada nas proximidades do centro de saúde.
📌 Esta reorganización do estacionamento adapta o espazo ao uso maioritario que realiza a veciñanza, permitindo un aproveitamento máis eficiente da superficie dispoñible e facilitando o estacionamento dun maior número de vehículos lixeiros.
➡️ Pequenas actuacións que contribúen a facer unha vila máis cómoda, máis funcional e mellor organizada para o día a día da cidadanía.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #aparcamento #rúadarevolta #concellodevilalba