❤️ Vilalba, protagonista en Biscaia!
📌 A nosa vila é a protagonista desta edición de Galicia Pueblo a Pueblo, un evento que durante toda a fin de semana converterá Sestao nun escaparate da nosa cultura, da nosa gastronomía, das nosas tradicións e de todo o que fai especial a Vilalba.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo participaron onte na inauguración oficial, levando o nome de Vilalba a máis de 450 quilómetros da nosa terra e trasladando unha mensaxe de orgullo, agradecemento e recoñecemento a todas as persoas que, malia vivir lonxe, seguen levando Galicia e Vilalba no corazón.
✨ Porque promocionar Vilalba tamén é crear oportunidades, abrir portas e convidar a máis persoas a descubrir a esencia da nosa terra.
🫂 Grazas á Agrupación Hijos de Galicia de Sestao e ao Ayuntamiento de Sestao por facernos sentir como na casa.
#alcaldía #sestao #galiciapuebloapueblo #biscaia #concellodevilalba