✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de roza en Lanzós, camiño de acceso á Madalena, contorna da ponte dos Pasos, áreas recreativas de Rebordaos e de Martiñán, puntos de acceso á autovía, camiños para a ruta cabalar en Lanzós e Román, e contornas dos campos da festa en varias parroquias.
👉 Traballos de xardinaría e segado de herba no xardín do Emigrante, rúa Basanta Silva, campo de rugbi, travesía dos Castros, as Fontiñas, piscinas da Madalena, parque Rosalía de Castro, etc.
👉 Limpeza de alcorques.
👉 Retirada do capitel dun cruceiro en Corvelle para a súa custodia e posterior restauración.
👉 Arranxos varios en beirarrúas e mobiliario urbano: arquetas, sinais, bancos, pivotes, plaquetas, bandas rugosas, rexistros de pluviais, etc.
👉 Traslado do punto limpo móbil a San Xurxo.
👉 Traslado de enseres e material en desuso dende os centros educativos Lois Peña Novo e Mato Vizoso ata o punto limpo.
👉 Preparación e retirada dun escenario para un concerto na Alameda.
👉 Preparativos varios na praza de abastos para a xornada de posta en valor deste espazo.
👉 Traballos varios relacionados co mantemento da rede eléctrica municipal. Resolución de avarías.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!