✅ Continúa avanzando o plan de mellor das pistas municipais.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron hoxe na parroquia de Sancovade para comprobar o avance dos traballos que o parque móbil da @depulugo está a desenvolver nestas semanas.
📍 Entre as actuacións xa rematadas atópanse dúas pistas municipais no barrio da Frouxeira, que forman parte do plan de mellora que se está a executar actualmente en Sancovade.
➡️ Os traballos continuarán durante os próximos días noutras vías da parroquia, dentro dunha planificación que busca aproveitar ao máximo a presenza do parque móbil da Deputación en Vilalba para seguir chegando ao maior número posible de pistas e parroquias do municipio.
🔙 Nas últimas semanas xa se actuou en San Simón da Costa, Lanzós, Rioaveso e Sancovade, combinando actuacións de rexeneración do firme e traballos do equipo de terra para continuar mellorando as comunicacións do noso rural.
#alcaldía #plandemellora #pistas #rural #concellodevilalba