Noticias e alertas

🎂 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo achegáronse onte ata o barrio de Pude, na parroquia de San Simón...

13/07/2026

🎂 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo achegáronse onte ata o barrio de Pude, na parroquia de San Simón da Costa, para felicitar a Ángela Cortiñas, que celebrou o seu 100 aniversario acompañada da súa familia.
💐 Foi unha visita moi especial e unha conversa desas que paga a pena escoitar, compartindo anécdotas e recordos.
👏🏼 Hoxe Ángela pasa a formar parte do prestixioso club de centenarios e centenarias do Concello de Vilalba, un grupo cada vez máis numeroso que representa o mellor da nosa historia colectiva.
🫂 Grazas a ela e á súa familia pola súa hospitalidade e polo agarimo co que nos recibiron.
🎉 Moitas felicidades, Ángela, e que sigas celebrando a vida rodeada do cariño dos teus. ✨
#alcaldia #centenaria #aniversario #sansimon #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies