🎂 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo achegáronse hoxe ata Goiriz para felicitar ao noso veciño Jesús Pernas, que celebra nada menos que o seu 104 aniversario.
🫂 Un ano máis tivemos a sorte de compartir con el un anaco de conversa e comprobar que segue mantendo esa vitalidade e esas ganas de seguir desfrutando da vida que o caracterizan.
✨ As persoas centenarias son unha parte fundamental da memoria viva do noso concello e cada visita coma esta é tamén unha oportunidade para escoitar, aprender e poñer en valor as súas historias de vida.
❤️ Grazas a Jesús e á súa familia polo agarimo e a hospitalidade coa que nos reciben cada ano.
👏🏼 Moitos parabéns, Jesús! Que sigas celebrando a vida con esa enerxía e ese sorriso.
#alcaldia #centenario #aniversario #Goiriz #concellodevilalba