⚽ A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, recibiron na Casa do Concello ao noso veciño Diego Villares Yáñez , que vén de lograr o ascenso á Primeira División co RC Deportivo e que xa prepara unha tempada histórica na máxima categoría do fútbol español.
🫂 Diego estivo acompañado da súa familia nun encontro no que o Concello quixo trasladarlle, en nome de todos os vilalbeses e vilalbesas, o orgullo que sentimos ao velo seguir levando o nome de Vilalba por todos os campos do fútbol español.
🐙 Como lembranza desta visita, a alcaldesa e a concelleira fixéronlle entrega dunha figura dun polbo de Sargadelos, unha pequena homenaxe ao seu xa coñecido alcume futbolístico e a unha identidade que o acompaña dentro e fóra dos terreos de xogo.
🔝 Porque máis alá dos éxitos deportivos, Diego representa valores como o esforzo, a constancia e o traballo diario, converténdose nun referente para moitos nenos e nenas da nosa vila que soñan con seguir os seus pasos.
❤️ Moita sorte nesta nova etapa, Diego. Estamos seguros de que seguirás facendo que Vilalba se sinta orgullosa de ti! ✨
#alcaldía #deportes #diegovillares #rcdeportivo #concellodevilalba