Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

16/07/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos varios de roza: camiño en Lanzós; campo da festa e contorna en Xoibán; campo da festa, contorna do igrexario e escola en Oleiros; xardín da Ventoeira; camiños de servizo na contorna do polígono industrial; accesos á área recreativa da Madalena, etc.
👉 Apertura dun camiño en Santaballa.
👉 Retirada dunha árbore nunha pista parroquial.
👉 Traballos varios de xardinaría na praza da Constitución, escola infantil municipal, Quart de Poblet, e campo de rugbi.
👉 Traballos varios de mantemento nas áreas recreativas de Rebordaos, Martiñán e rúa de Castelao.
👉 Traballos de carga de enseres no punto limpo municipal.
👉 Desatasco de alcantarilla e obra de albanelería nos desagües dos baños da Madalena.
👉 Traballos varios relacionados coa rede de alumeado municipal. Resolución de avarías.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies