Noticias y alertas

🎉🌍 Queres compartir un anaco do teu país con toda Vilalba? Xa está aberto o prazo para participar na III Feira Intercu...

23/07/2026

🎉🌍 Queres compartir un anaco do teu país con toda Vilalba?
Xa está aberto o prazo para participar na III Feira Intercultural de Vilalba, unha xornada para celebrar a diversidade da nosa vila a través da gastronomía.
🍽️ Se naciches noutro país e vives en Vilalba, anímate a preparar un prato típico do teu lugar de orixe e compárteo coa veciñanza e cos visitantes o domingo 2 de agosto, na Praza de Santa María.
💚 O Concello farase cargo do custe dos ingredientes, para que só teñas que preocuparte de cociñar e desfrutar dunha mañá de convivencia, cultura e sabores de todo o mundo.
📩 Participar é moi sinxelo: envía un correo a feiras@vilalba.es indicando o teu nome, un teléfono de contacto e o teu país de orixe. Nós poñerémonos en contacto contigo para explicarche todos os detalles.
📅 Inscricións abertas ata o mércores 29 de xullo.
Porque a III Feira Intercultural só será posible coa participación dos nosos veciños e veciñas. Enchemos Vilalba de culturas, tradicións e sabor. Anímate a formar parte dela! 🌎❤️
#alcaldía #feirasemercados #feiraintercultural #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies