Noticias e alertas

✅ Seguimos mellorando as pistas das nosas parroquias. 🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visi...

23/07/2026

✅ Seguimos mellorando as pistas das nosas parroquias.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron hoxe o barrio do Castro, en Sancovade, onde o Concello vén de completar a rexeneración integral dun vial que levaba décadas en mal estado e que constitúe o único acceso ás vivendas da zona.
📌 Esta actuación, incluída no plan integral de mellora de pistas municipais que se está a executar na parroquia, supón un importante avance para a seguridade, a accesibilidade e o día a día da veciñanza.
🚗 A maquinaria da Deputación de Lugo continúa traballando no noso concello, permitindo desenvolver actuacións en diferentes parroquias que continuarán tamén nos vindeiros días.
Seguimos traballando por un rural máis comunicado, accesible e con mellores servizos para todos e todas. ❤️
#alcaldía #pistas #rural #maquinariadeputación #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies