Noticias e alertas

🎉☀️ Pechamos a primeira quenda dos campamentos municipais de verán! 👦🏼👧🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira...

24/07/2026

🎉☀️ Pechamos a primeira quenda dos campamentos municipais de verán!
👦🏼👧🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, acompañaron hoxe aos nenos e nenas na clausura da primeira quenda dos campamentos, participando na entrega dos diplomas e dos agasallos de fin de actividade xunto ao equipo de monitores e monitoras.
🤸🏽 Foron semanas cheas de xogos, aprendizaxe, convivencia e novas amizades, nas que os máis pequenos e pequenas desfrutaron dun verán activo mentres as familias contaron cun recurso fundamental para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.
📌 Desde o Concello de Vilalba seguimos apostando por iniciativas que ofrecen espazos seguros, educativos e de lecer para a infancia, contribuíndo tamén a facer máis doado o día a día das familias.
❤️ Grazas aos monitores e monitoras polo seu traballo e implicación, e aos nenos e nenas por encher estas semanas de ilusión, sorrisos e moita enerxía. Agora…a desfrutar do resto do verán! 🌞🎈
#alcaldía #infanciaexuventude #campamentos #veránenvilalba #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies