✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de roza en diferentes localizacións: viais de acceso á rotonda do polígono industrial, campo da festa e contorna en Samarugo, contorna do campo de fútbol de herba artificial, sendeiro peonil en Goiriz, paseo dos Condes, etc.
👉 Traslado do punto limpo a Belesar.
👉 Colaboración nos traballos de saneamento do Pradairo (árbore senlleira).
👉 Reposición da contorna por fuga de auga na praza de Suso Gayoso.
👉 Limpeza do pavillón do Ínsua Bermúdez.
👉 Traballos para a reposición dun poste do alumeado público no polígono das Sete Pontes
👉 Limpeza e acondicionamento da Fonte da Picha.
👉 Pintado de vados.
👉 Arranxos varios de albanelería: entre eles, a reposición de empedrados en rúas e prazas.
👉 Arranxos de mobiliario urbano: polígono das Sete Pontes, praza da Constitución, praza de Suso gayoso, praza de Santa María, etc.
👉 Colocación de cristais nos banquiños do campo de fútbol da Madalena.
👉 Acondicionamento da rampa de acceso ao aparcadoiro das Pedreiras.
👉 Acondicionamrento e limpeza da contorna do muíño do Rañego.
👉 Traballos varios de xardinaría: Alameda, beirarrúas da rúa Benxamín Paz, alcorques en varias rúas.
👉 Traballos varios relacionados coa rede eléctrica municipal. Resolución de avarías.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!