Noticias e alertas

🕶️ Comezo do reparto de gafas para observar con seguridade a eclipse solar do 12 de agosto. 🌞 A partir de mañá, luns 2...

26/07/2026

🕶️ Comezo do reparto de gafas para observar con seguridade a eclipse solar do 12 de agosto.
🌞 A partir de mañá, luns 27 de xullo, os veciños e veciñas poderán recoller de balde as súas gafas homologadas para a observación da eclipse solar, ata esgotar existencias.
📍 Punto de información da Casa do Concello
🕘 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas
➡️ En total repartiranse máis de 4.000 gafas, parte das mesmas adquiridas polo Concello de Vilalba —a través da Alcaldía e da Concellería de Medio Ambiente— e outras facilitadas pola Deputación de Lugo, co obxectivo de que toda a veciñanza poida gozar deste fenómeno astronómico con todas as garantías.
⚠️ Lembra: nunca se debe mirar directamente ao Sol sen protección homologada. Facelo pode provocar lesións graves e irreversibles na vista, mesmo aínda que sexa durante uns segundos.
🌘 Ven recoller as túas gafas e vive con seguridade un dos fenómenos astronómicos máis agardados do ano! ✨
#alcaldía #medioambiente #gafas #eclipsesolar #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies