Noticias e alertas

📌 O pleno ordinario do Concello de Vilalba celebrarase mañá xoves, 30 de xullo, ás 18:00 horas no salón de plenos da Ca...

29/07/2026

📌 O pleno ordinario do Concello de Vilalba celebrarase mañá xoves, 30 de xullo, ás 18:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, no 3º andar do edificio.
👉 Aprobación, se procede, do ditame relativo á determinación dos festivos locais para o ano 2027.
👉 Aprobación, se procede, do ditame relativo á aprobación do proxecto das obras de instalación dunha cuberta vexetal de sedum nas instalacións da piscina municipal.
👉 Aprobación, se procede, do ditame relativo á aprobación do texto regulador do prezo público co obxecto de sufragar o Servizo Concilia na tarde.
👉 Aprobación, se procede, do ditame relativo á modificación do artigo 3 do acordo regulador do prezo público do Servizo de Madrugadores.
👉 Moción do Partido Popular sobre o apoio á actualización do Plan Xeral de normalización da Lingua Galega.
👉 Rogo do Partido Popular en relación ao desenvolvemento do polígono industrial Sete Pontes por parte do Concello (moción reconvertida).
👉 Rogo do Partido Popular sobre a mellora da área de autocaravanas.
👉 Rogo do Bloque Nacionalista Galego sobre a conversión de mocións en rogos por parte de Alcaldía (moción reconvertida).
👉 Rogo do Bloque Nacionalista Galego sobre a reparación, mantemento e a posta en valor do ‘Paseo dos Soños’ (moción reconvertida).
👉 Rogo do Bloque Nacionalista Galego para a revisión e mantemento da seguridade viaria no tramo urbano da N-634 (moción reconvertida).
👉 Rogo do Bloque Nacionalista Galego relativa á solicitude de información sobre expedientes de responsabilidade patrimonial derivados do estado da Rúa da Pravia (moción reconvertida).
👉 Preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular.
👉 Preguntas do Bloque Nacionalista Galego.
🖥️ A sesión poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Vilalba.
#alcaldía #pleno #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies