🌘✨ Vilalba prepárase para vivir un dos fenómenos astronómicos máis espectaculares das últimas décadas!
O vindeiro 12 de agosto habilitaremos un gran espazo de máis de 10.000 metros na zona das Fontiñas para que veciños, veciñas e visitantes poidan desfrutar da eclipse solar nas mellores condicións posibles.
📍 O punto de observación estará situado na rúa Conde Pallares, á altura do Grupo As Fontiñas, un lugar no que previamente se comprobou a visibilidade do Sol. Para a ocasión, cortarase a estrada ao tráfico rodado e habilitarase un espazo de 11.000 metros, cedido polos veciños propietarios da finca para facer posible esta cita histórica.
🎶 A programación comezará ás 19:30 horas coa actuación de DJ MR. FISHMAN, que amenizará a xornada ata arredor das 21:30 horas.
🪑 Podes traer cadeira, manta ou calquera elemento que che permita vivir este momento con maior comodidade. Iso si, pedímosche que entre todos coidemos este espazo que nos ceden os veciños, respectando as normas básicas de convivencia.
🙏🏼 Por este motivo, recoméndase non fumar no recinto habilitado nin acudir con mascotas, xa que se descoñece como poden reaccionar durante a eclipse.
🚗 Tamén recomendamos evitar desprazamentos longos ese día. Se tes a oportunidade, desfruta da eclipse desde Vilalba. E, se necesitas desprazarte, procura que sexan traxectos curtos.
⚠️ O máis importante: nunca mires directamente ao Sol sen protección homologada. A observación da eclipse sen as gafas adecuadas pode provocar lesións graves e irreversibles na vista.
🕶️ Aínda quedan gafas homologadas gratuítas no punto de información da Casa do Concello, ata esgotar existencias.
ℹ️ Máis información sobre a eclipse e a súa evolución en cada concello en: https://eclipse.deputacionlugo.org/
❤️ O 12 de agosto temos unha cita coa historia. Vivámola xuntos, con seguridade e facendo de Vilalba un lugar privilexiado para contemplar un fenómeno único.
#alcaldia #medioambiente #eclipse #12deagosto #concellodevilalba