✅ Os traballos de mellora da rede de pistas municipais tamén chegaron á parroquia de Lanzós.
🤝🏼 O Concello vén de completar o rebacheo dun vial municipal no barrio da Revolta, unha actuación incluída no plan de mellora que se desenvolve coa colaboración do parque móbil da Deputación de Lugo.
📌 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron a zona para continuar co seguimento destas actuacións e manter o contacto directo cos veciños e veciñas, unha forma de coñecer de primeira man as necesidades de cada parroquia e establecer as prioridades de intervención.
🚗 Esta colaboración entre o Concello e a Deputación de Lugo permitiu rexenerar preto de 50 quilómetros de pistas municipais nos últimos anos, mellorando infraestruturas fundamentais para o día a día do rural vilalbés.
#alcaldía #parroquias #parquemóbil #deputacióndelugo #concellodevilalba