🎉 Hoxe presentamos xunto a Queserías Entrepinares os días infatís das festas de San Ramón e Santa María!
📌 O 2 e 3 de setembro, a Praza da Constitución converterase de novo nun gran espazo de diversión con inchables, xogos, actividades e espectáculos gratuítos para que os máis pequenos e pequenas desfruten ao máximo das festas.
✨ 2 de setembro
🎩 O Mago Antón: 50 anos de maxia (4 funcións | 13:00, 17:00, 18:30 e 20:00)
🎈 Inchables para todas as idades
🧗 Rokomonte
🎯 Shotter Gallery
🐂 Toro mecánico / simulador de surf
💦 3 de setembro
🌴 Parque Acuático Tropical
🛝 Tripletobogán, Rampa Aqua Red Wave e Mundo Marino
🫧 Festa da Escuma (condicionada á meteoroloxía)
🕛 Horario: de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
📍 Praza da Constitución.
🤝🏼 A presentación desta programación serviu tamén para anunciar a renovación, por terceiro ano consecutivo, do acordo de colaboración entre o Concello de Vilalba e o Grupo Entrepinares, que volverá patrocinar os días infantís das festas e colaborará tamén coas actividades do Samaín e con parte da programación de Nadal.
🧀 Ademais, durante ambas xornadas, o Grupo Entrepinares ofrecerá unha merenda gratuíta para todos os nenos e nenas asistentes.
❤️ Seguimos traballando para que Vilalba conte cunha programación familiar, gratuíta e de calidade durante todo o ano.
#alcaldía #infanciaexuventude #sanramón #díasinfantís #concellodevilalba