✅ O plan de mellora das pistas municipais continúa chegando ás parroquias de Vilalba.
🚗 O Concello vén de completar a rexeneración dun tramo de 600 metros da estrada municipal que une o lugar do Curro, en San Cosme de Nete, coa parroquia de Noche, unha actuación que mellora unha vía moi utilizada pola veciñanza e que presentaba un importante deterioro.
📌 A alcaldesa, Marta Rouco, e os concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado visitaron hoxe a zona, onde nas últimas semanas tamén estivo traballando a maquinaria do parque móbil da Deputación de Lugo.
🔙 Esta actuación súmase ás xa realizadas en San Simón da Costa, Lanzós, Rioaveso, Sancovade, Belesar e outras parroquias, dentro dun plan de mellora que xa permitiu rexenerar preto de 50 quilómetros de pistas municipais grazas á colaboración entre o Concello e a Deputación de Lugo.
❤️ Un traballo continuo de planificación e colaboración que segue mellorando as infraestruturas do noso rural e dando resposta ás necesidades da veciñanza.
#alcaldía #parquemóbil #deputacióndelugo #pistas #rural