✅️️📊 Análise dos datos da Oficina de Turismo de Vilalba correspondente a xullo 📋👇 A concelleira Maria Xose Fernandez informa da procedencia de visitantes, na súa condición ou non de peregrinos, así como na decisión de pernoctar no municipio.
💚 Ademais, vimos de celebrar un momento moi especial coa chegada da nosa visita número 600.
👏 O protagonista foi un peregrino procedente de Castela e León, que está a realizar o Camiño do Norte cara a Santiago de Compostela, e que levou un agasallo exclusivo composto por unha mochila, un bolígrafo e unha práctica ferramenta multiusos
🤗Agradecemos sinceramente a todas as persoas que nos visitaron, compartiron as súas historias e contribuíron a facer da oficina un espazo vivo, acolledor e útil.
#TurismoVilalba #ConcelleríaDeTurismo #Vilalba #Vicealcaldía