🌎 Santaballa xa quenta motores para unha nova edición da Feira do Indiano.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e as concelleiras Paula Vigo, María Xosé Fernández e Mónica González participaron hoxe, xunto á deputada provincial Pilar García Porto, na presentación das XVI Xornadas sobre Migracións Indianas organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa.
🔜 Unha cita que volverá converter Santaballa nun referente da recuperación e posta en valor da memoria da emigración galega.
👏🏼 Ao longo destes anos, a Feira do Indiano consolidouse como unha das propostas culturais máis singulares do noso municipio, poñendo en valor a historia, o legado e a pegada que deixaron os indianos na nosa terra a través dun amplo programa de actividades.
📌 Desde o Concello de Vilalba seguimos apoiando iniciativas que contribúen a conservar a nosa memoria colectiva, dinamizar as parroquias e dar a coñecer un patrimonio histórico e cultural que forma parte da identidade de Vilalba.
📅 O día grande da XVI Feira do Indiano celebrarase o 12 de setembro. Unha cita imprescindible para seguir descubrindo e celebrando a nosa historia.
#alcaldía #feiradoindiano #xornadasmigración #santaballa #concellodevilalba