Noticias e alertas

🌞 Mañá mércores, 12 de agosto, vivimos a eclipse solar xuntos en Vilalba! 📍 Lembra que teremos habilitado un gran espa...

11/08/2026

🌞 Mañá mércores, 12 de agosto, vivimos a eclipse solar xuntos en Vilalba!
📍 Lembra que teremos habilitado un gran espazo de máis de 11.000 metros na rúa Conde Pallares, á altura do Grupo As Fontiñas, entre a finca cedida polos seus propietarios e o tramo de estrada que quedará dispoñible ao cortarse o tráfico.
🎧 A programación comezará ás 19:30 horas con DJ Mr. Fishman, que nos acompañará durante a tarde para desfrutar desta cita tan especial.
🪑 Podes traer cadeira, manta ou o que necesites para estar cómodo/a, pero pedímosche que coidemos entre todos o espazo que nos ceden os veciños. Recomendamos non fumar e non levar mascotas.
🚗 Planifica os desprazamentos con antelación. Desde as 17:30 horas cortarase ao tráfico o tramo da N-634 á altura das Fontiñas e o tráfico será desviado polas rúas Betanzos e Cuart de Poblet. Se podes, evita desprazamentos longos e desfruta da eclipse desde Vilalba.
🕶️ E o máis importante: nunca mires directamente ao Sol sen protección homologada. Utiliza exclusivamente gafas específicas para a observación da eclipse.
✨ Un fenómeno extraordinario que merece ser vivido xuntos. Agardámoste!
#alcaldía #concelleríamedioambiente #eclipsesolar #programaciónespecial #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies