✅ O Concello de Vilalba está entre as entidades locais de Galicia cunha mellor xestión económica, segundo os datos do último informe do Consello de Contas de Galicia “sobre o entorno de control das entidades locais”.
👌 Dentro da categoría de concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes, Vilalba figura “no nivel máis alto de madurez do sistema de control interno”, o máximo nivel da clasificación empregado polo organismo fiscalizador da Xunta de Galicia.
👉 Dos 32 municipios incluídos neste tramo de habitantes, só oito alcanzan o nivel máis alto de madurez, polo que Vilalba forma parte do 25% dos concellos de tamaño medio mellor valorados de Galicia neste indicador.
📌 A boa situación económica de Vilalba non se limita ao control interno das súas contas. Segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda, a 31 de decembro de 2024 o Concello de Vilalba tiña cero euros de débeda viva.
✍️ “Estes datos demostran que en Vilalba estamos facendo as cousas con rigor: controlamos os recursos públicos, planificamos e, ao mesmo tempo, mantemos unhas contas saneadas e sen débeda”, sinala a alcaldesa, Marta Rouco.
Con máis de 14,3 millóns de euros de orzamento neste ano 2026, o Concello de Vilalba demostra que contar cunhas contas saneadas non significa renunciar aos servizos públicos nin ás políticas sociais.