Noticias y alertas

🏛️ A Casa da Cultura estrea nova cuberta. 💧 Durante anos, o edificio viña sufrindo problemas recorrentes de filtración...

13/08/2026

🏛️ A Casa da Cultura estrea nova cuberta.
💧 Durante anos, o edificio viña sufrindo problemas recorrentes de filtracións de auga que facían necesaria unha actuación de fondo. Agora, a cuberta foi completamente renovada para solucionar estas deficiencias e mellorar as condicións dun espazo público que empregamos durante todo o ano.
🔨 A actuación incluíu unha nova cuberta de zinc, a renovación de baixantes, canlóns e lucernarios, ademais de melloras no alumeado, no saneamento e no illamento térmico.
🤝🏼 Para facela posible, dende a Alcaldía conseguimos un convenio coa @depulugo que financiou o 80% do custo da actuación.
❤️ Estudar os problemas das nosas infraestruturas, buscar financiamento e actuar para solucionalos. Ese é o traballo que seguimos facendo para coidar e mellorar os espazos públicos de Vilalba.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #casadacultura #solucións #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies