Noticias e alertas

🛣️ A mellora da LU-P-6513 dá un novo paso adiante. ✅ A Deputación de Lugo vén de adxudicar por 289.222 euros a rehabili...

14/08/2026

🛣️ A mellora da LU-P-6513 dá un novo paso adiante.
✅ A Deputación de Lugo vén de adxudicar por 289.222 euros a rehabilitación do firme dun tramo de case dous quilómetros desta estrada provincial, entre os puntos quilométricos 2+125 e 4+000.
🔨 A actuación contempla a rehabilitación do firme, a reapertura de cunetas e a renovación da sinalización, ademais de 20,27 metros adicionais de pavimentación e sinalización como mellora da obra.
⏱️ Os traballos terán un prazo de execución de 4 meses e a actuación contará, ademais, con 3 anos adicionais de garantía.
📌 Desde o Concello de Vilalba valoramos moi positivamente que a Deputación de Lugo continúe investindo na mellora desta estrada provincial, fundamental para a mobilidade da veciñanza e para as conexións de Vilalba coa súa contorna.
#alcaldía #infraestruturas #deputacióndelugo #lup6513 #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies