✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de roza en distintas pistas, camiños e campos das festas parroquiais: Chafarica, Corvite, Lanzós (A pequena), contorna do campo de fúbol de Román, Bordelle, Tardade, Vixil, polígono industrial Sete Pontes, Gondaisque, aparcadoiro ambulatorio,…
👉 Colocación de bolardos en distintas rúas.
👉 Substitución de plaquetas e arranxos varios en beirarrúas.
👉 Substitución de tapas en arquetas e canais de pluviais.
👉 Colocación de sinais de localización de barrios en parroquias.
👉 Arranxos varios de mobiliario urbano: bancos, papeleiras e outros.
👉 Insonorización dunha tapa de alcantarilla na rúa das Pedeiras.
👉 Colocación de espellos en saídas de vías de comunicación.
👉 Traslado e recollida de expositores para a festa da malla en Alba.
👉 Retirada de polas e árbores caídos en pistas do rural.
👉 Colocación de farolas e outros para alumeado das patronais.
👉 Limpeza das marxes da ponte dos Freires.
👉 Traballos varios de reposición de luminarias e outros no sistema de alumeado municipal.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!