Noticias y alertas

📚 Hoxe a Biblioteca Municipal saíu ao exterior! 🌿 O Parque Rosalía de Castro encheuse esta mañá de música e diversión...

19/08/2026

📚 Hoxe a Biblioteca Municipal saíu ao exterior!
🌿 O Parque Rosalía de Castro encheuse esta mañá de música e diversión coa celebración de “Consertasso na Horta”, da man de Brais das Hortas. 🎶
👏🏼 Unha actividade na que participaron os nenos e nenas dos campamentos municipais e dalgunhas das ludotecas da vila, xunto con público xeral, e na que tamén estivo presente a alcaldesa, Marta Rouco.
❤️ Foi tamén unha oportunidade para compartir parte do traballo realizado durante este verán na Biblioteca Municipal: visitas, préstamos de libros, recomendacións de lecturas e manualidades que hoxe saíron da biblioteca para acompañarnos no parque.
✨Unha mañá para ler, compartir, desfrutar e seguir achegando a biblioteca a todos os espazos da vila.
#alcaldía #infanciaexuventude #biblioteca #parquerosalíadecastro #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies